EXHORTACION A DESOBEDIENCIALaiovento, 15 jul 2015 - 117 páginas Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da "Declaración de Láncara", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a unha creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: "só é utópico aquilo que non se loita por acadar". |
Términos y frases comunes
absolutamente acción actual alternativa ampla Anova arestora artigo Asemblea auténtico Autonomía Bloque Bruxelas calquera cardinais cidadanía cidadanía do común cidadáns ción cívica claro combate cómpre condicións constitucional construír creba democrática crise cultura política daquela democracia dereitos dese deseño dicir dimensións dinámica económica emancipación Encontro Irmandiño espolio esquerda Estado español Estado social estamos están ética Europa exercer exercicio facer fascismo financeiro formas fraternidade fronte Galiza Goberno hora hoxe imos independencia indignados institucións irmandade Israel liberdade lles maioría modelo moito movemento nación nacional nacionalismo nivel nosos nova cultura nunha organización país palabra Palestina Parlamento partido Partido Galeguista patoloxía plutocracia pobo pobos poder poderes poida polos posíbel proceso propio quen quero realidade rebelión relación república republicanos respecto revolta revolución réxime século senón sentido sequera sexa sistema soberanía popular sociais social Unión Europea valores violencia vostedes xeito xente xeración Xeración Nós Xosé Manuel Beiras xustiza