Señoras en bicicleta

Portada
Sushi Books (Rinoceronte Editora SLU), 15 abr 2026 - 160 páginas

A invención da bicicleta supuxo un importante cambio nas formas de transporte, especificamente para unha parte da poboación: as mulleres. Durante as primeiras décadas do invento, as señoras en bici puideron explorar unha nova liberdade, impactando no movemento sufraxista, cambiando a forma de vestir e incluso descubrindo novas formas de gañar a vida. Pero nunha época en que a imaxe e o papel da muller estaba moi definido, tamén se enfrontaron a críticas e prexuízos. Esta obra é unha crónica destes vibrantes primeiros anos e de como evolucionou a relación das mulleres coas bicicletas desde entón.


 

Páginas seleccionadas

Términos y frases comunes

Sobre el autor (2026)

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez son tres xornalistas que comparten, ademais das penurias de ser autónomas, a súa paixón por indagar en temas históricos, especialmente os relacionados coa historia invisible das mulleres. Xuntas traballaron nas anotacións de Emma, de Jane Austen (Sushi Books, 2023). Señoras en bicicleta é o resultado de horas de reflexións e lecturas compartidas e dun grupo de wasap moi moi activo.

Información bibliográfica