Conversas con Manuel Meilán

Front Cover
Edicións Xerais de Galicia, 1993 - Biography & Autobiography - 178 pages
0 Reviews
Castelao morre na mañanciña do 7 de xaneiro de 1950. Manuel Meilán busca ansiosamente a Blanco Amor en Montevideo para levalo a Bos Aires. As sociedades galegas queren que sexa o escritor ourensán quen pronuncie as derradeiras palabras de despedida ó rianxeiro. Así comenza o primeiro capítulo deste libro. . Manuel Meilán (Lugo, 1904) defínese a si mesmo como " un simple peón de brega " , mais dende que en 1922, con a penas dezaoito anos, arribou á capital arxentina procedente de Lugo, toda a súa vida aparece vencellada á causa da galeguidade: cofundador das lrmandades Nacionalistas, amigo de Rodolfo Prada e Xesús Cabanal, compañeiro de Emilio Pita, Suárez Picallo, Blanco Amor, Núñez Búa, Antón Crestar, Luis Tobío, primeiro en Bos Aires e logo en Montevideo, cidade onde actualmente reside. Galicia ten unha débeda pendente coa emigración e o exilio. Son capítulos da nosa historia aínda mal coñecidos, sen os cales endexamais comprenderemos a verdadeira dimensión do tempo presente.

What people are saying - Write a review

We haven't found any reviews in the usual places.

Bibliographic information