A casa da duna

Portada
Ed. Xerais de Galicia, 2002 - 44 páginas
A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo. A casa da duna é tamén un texto fermoso, divertido, que se desenvolve á beira do mar e xoga cos elementos e as palabras relacionadas co mar, contándolles aos nenos, a través da palabra e da linguaxe fotográfica, unha historia apaixonante, misteriosa e engaiolante, dunha excelente calidade literaria. Practicamente por primeira vez e desde Galicia, A casa da duna renova e fai unha aposta pola fotografía como esencia do álbum ilustrado. A protagonista do álbum, Alba, vive na casa da duna co seu gato Bicos. Encántalle deitarse na area para ver as ondas do mar. Un día, enriba dunha onda, chega unha nena descoñecida, pequerrecha como unha boliña, que lle dá un estraño aviso. A casa da duna é, sobre todo, un álbum contemporáneo que emprega a linguaxe visual dos cativos e cativas aos que se dirixe. Un álbum que atrapa.

Información bibliográfica